Homenaxe a Castelao

La Voz

AROUSA

A peza coa que comezará o certame leva por título Dous lances de Castelao, e supón unha homenaxe que o grupo Amigos do Marcial, de Allariz, fan a este escritor. «É unha peza moi curta. Elexímola precisamente por eso, porque como vai xusto despois da presentación no queríamos que se fixese todo o acto demasiado largo», explican desde Enxebre. «Colleron unhas liñas de Castelao e convertiron ese texto en teatro», indican para explicar o contido da primeira peza sen desvelar o misterio. Mañá domigo volve á escena un clásico: a versión en galego que o grupo Mulleres de Moaña fai da obra La Casa de Bernarda Alba, de Federico García Lorca. Xa o mércores, turno para Un Millón de Vacas, do escritor Manolo Rivas.