14 dic 2001 . Actualizado a las 06:00 h.
A acta do xurado de xurado que sinalou a Martázul como gañadora desta vixésima edición do Blanco Amor indica, «unha grande ambición» ó tempo que salienta o «carácter marcadamente urbano» da narración. O xurado explica tamén que esta novela «expresa as inquietudes e a confusión das persoas de hoxe», tendo en conta especialmente a «recreación dun ambiente de alta tensión erótica». Tamén é salientado por parte dos xurados que «é unha fábula actual, tanto pola temática como polo tratamento que se opera sobre ela». Noutro sentido asegúrase que «a pesar da súa lonxitude, o autor consegue manter o pulo narrativo».