O narrador máis grande

La Voz

AROUSA

VÍTOR MEJUTO

Os escritores reivindican a influencia que o autor ourensán exerce na literatura actual O Blanco Amor escritor, novelista, contista, mesmo poeta, adoita ser o máis coñecido. Unha figura que vai medrando en influencia conforme pasan os anos e que vai deixando nos narradores máis recentes unha pegada de profundidade. Así falan algúns dos escritores que teñen ganado o premio que leva o nome do escritor de Ourense e que mañá se entrega. Ramón Caride, Cid Cabido e Xosé Antonio Perozo, pasaron onte pola casa de cultura de Vilagarcía para explicar a importancia do premio Blanco Amor e a importancia do escritor que lle deu nome. Explicaron a importancia do premio na renovación da narrativa galega vai paralela á importancia que tivo o escritor para esta mesma narrativa.

13 dic 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

F.I. VILAGARCÍA A figura de Blanco Amor vai medrando cos anos. A súa influencia narrativa vai gañando en importancia nas novas xeracións de autores, especialmente dende a perspectiva da creación literaria vista con certo sentido da modernidade. En eso parecían dacordo os tres autores que onte pecharon o ciclo sobre Blanco Amor: Ramón Caride Ogando, Xosé Cide Cabido e Xosé Antonio Perozo. Os tres gañadores do premio en distintas épocas e os tres conscientes da importancia que este galardón ten para as letras galegas e o seu desenvolvimento. A esmorga é unha novela que vai gañando peso co paso do anos, segundo os tres escritores presentes onte en Vilagarcía. É unha novela na que se insiste no seu carácter moderno, na súa capacidade narrativa e no esforzo do escritor por facer unha novela con personaxes da rúa. É tamén unha novela sobre o destino tráxico que parece afectar a algunhas personaxes e como, en certo sentido, esa perspectiva liga a Blanco Amor con boa parte da novela coetánea a el en Europa e América.