Fotos dunha vida

La Voz

AROUSA

Xunto coas mesas redondas que falarán de cine, teatro e literatura, as xornadas sobre Blanco Amor organizadas polo Concello de Vilagarcía e pola Ruta fluvial Xacobea, pretenden ampliar a imaxe sobre o autor de Xente ao lonxe. Para explicar máis cousas sobre a vida do escritor que dá nome ó premio de novela con máis tradición de Galicia, na entrada da casa de cultura se poderá ver dende hoxe unha mostra fotográfica sobre a vida do escritor desde os seus máis importantes acontecementos. A mostra, preparada con fondos da Diputación de Ourense, ofrece unha extensa información sobre aspectos coñecidos e íntimos da vida do autor. Nese sentido, a mostra recorda aspectos biográficos ben salientados en obras sobre o escritor e, por outra parte, ofrece datos menos coñecidos das relacións literarias e dos quefaceres de Blanco Amor ó longo da súa vida. Neste sentido, a mostra repasará as relacións que o escritor mantivo na súa vida en Arxentina, no seu regreso a Galicia, pero tamén as relacións que mantivo Blanco Amor coa xeración do 27, especialmente con Federico García Lorca. A mostra servirá tamén como respaldo ós argumentos das mesas redondas que se celebrarán estes días en Vilagarcía. A exposición repasa tamén o labor de Blanco Amor no teatro, ó que consideraba o mellor método de divulgación do galego, e tamén a súa participación no mundo da literatura galega.