BEA COSTA ¿QUE LE, QUE ESCOITA? Francisco Iglesias Prol, patrón maior de O Grove
08 dic 2001 . Actualizado a las 06:00 h.O seu traballo no mar e as ocupacións como patrón maior de O Grove e como membro das federacións nacional e provincial de cofradías lle deixan pouco tempo libre. Pero, aínda así, Francisco Iglesias atopa algún intre para a música e a lectura. - ¿Que foi o último que leu? - Ó premio Planeta «Mientras vivimos», de Maruja Torres. - ¿Cales son as súas lecturas habituais? - O xornal, que o leo tódolos días (risas). Pero cando compro, collo libros de novela ou dese estilo. - ¿Autores preferidos? - Lin un pouco de todo. García Márquez, Juan Marsé..., fai anos a a Herman Hesse. Non teño autores preferidos. - ¿Que lle pide a un libro: distracción ou formación? - Un pouco as dúas cousas. O que me gusta é que me enganche desde o principio. Se nas primeiras páxinas non me gusta, é dificíl que o termine. - Falemos dos seus gustos musicais. - Eu nacín nos anos sesenta así que a música que escoito e a daquela época. Os Rolling, Beatles, Led Zeppelin... - E coa música actual, ¿atrévese? - Hai temas que son moi pegadizos, pero a verdade e que non me preocupa moito e cada vez, co paso dos anos, menos. Non son un gran aficionado nin un melómenano. - ¿No coche, é vostede dos que ten discoteca ou prefire a súa emisora da radio habitual? - Eu son de radio.