MARUXA ALFONSO O LIBRO DA SEMANA
17 nov 2001 . Actualizado a las 06:00 h.A vicepresidenta da Asociación Sumilleres de Galicia e integrante do comité de cata do consello de Rías Baixas, Mar Vilanova de la Torre recolle nun pequeno volumen os segredos do viño para profesionais da hostelería. A publicación comenza cun prólogo do xornalista Guillermo Campos sobre as mellores maridaxes entre os viños e as comidas e remata coa colaboración do presidente da Asociación de sumilleres, Alfredo Álvarez, sobre o servicio do viño en Galicia. Entre ámbolos dous, Mar fai un breve percorrido pola historia do viño, polos métodos de elaboración dos caldos e explica calramente as distintas fases das que se compón unha cata. O libro adica tamén un importante espacio a Galicia, coa historia deste producto e un pequeno percorrido polas distintas denomiancións desta comunidade e as variedades máis cultivadas. Todo un manual para escomenzar a introducirse no mundo dos viños galegos e, ó mesmo tempo, aprender dos sumilleres.