Para falar do mar

La Voz

AROUSA

VÍTOR MEJUTO

Os responsables da Cofradía do Grove organizan a segunda edición das xornadas sobre a ría de Arousa Divulgar a riqueza marisqueira e pesqueira da ría. Ese é o obxectivo das xornadas «Un mar de riquezas» que o vindeiro venres comezan no Grove. A Confraría San Martiño acometeu este ano, en solitario, a organización dunhas sesións coas que se pretende profundizar en temas medioambientais, productivos e de desenvolvemento que afectan a Arousa. Once ponentes, a proxección de dous videos e unha exposición fotográfica conforman o listado de actividades da segunda edición destas xornadas. Un ciclo se consolida dentro do calendario de foros e debates que existen sobre a ría e a súa riqueza.

16 nov 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

R. ESTÉVEZ O GROVE O ano pasado, a posibilidade de construcción dun porto deportivo na illa da Toxa xerou un amplo debate social sobre a necesidade de conciliar os dous eixos do desenvolvemento da ría: o marisqueo e o turismo. Nese clima de debate, as confrarías de O Grove, Cambados e Vilanova organizaron as primeiras xornadas Medioambientais Un mar de riquezas nunha ría con futuro. O que podería ter sido un acto puntual transformouse, pola contra, no alicerce dun novo foro de debate. Este ano, xa en solitario, a confraría do Grove decidíu poñer a segunda peza da cadea. Os días elixidos para celebrar estas charlas serán os venres. Dende o próximo, o edificio do pósito convertirase en foro para falar do futuro dos municipios da ría. Os responsables da organización confían en conseguir encher todo o salón de actos do edificio do Corgo. E parece que van conseguir cumplir ese obxectivo, xa que xa foron varias as personas que se intersaron nas xornadas. Mesas redondas Un mar de riquezas ordénase en tres mesas redondas. A primeira, que será o venres ás sete da tarde, xirará arredor dos Valores e problemas ambientais que sufre a ría. Na segunda, que terá lugar unha semana despois, servirá para analizar os Valores productivos e o futuro económico de Arousa. E xa para pechar o ciclo, analizararse o Desenvolvemento sostible e a axenda 21. Será un de decembro. As ponencias completaranse con dúas proxeccións de video e cunha mostra de fotos submariñas de José Antonio Moldes Goday.