O ministro voceiro, Pío Cabanillas, e o presidente da Xunta, Manuel Fraga, participaron nas xornadas Cun perfecto galego, o voceiro do Goberno Español, Pío Cabanillas lembrou a figura do seu tio avó, Ramón Cabanillas, «a quen nunca tiven a sorte de coñecer». O Ministro adicou o seu discurso a lembrar a figura do poeta cambadés como un home do que «non deixa de sorprenderme o xeito co que axusta a súa linguaxe a cada época pola que atravesaba, para manter sempre as súas ideas». A súa aparición cambiou o ambiente dun congreso no que estivo presente dende o conselleiro de Xustiza, Antonio Pillado, ata o presidente do PP en Pontevedra, Rafael Louzán, sen esquecer ó presidente da Xunta, Manuel Fraga.
07 jun 2001 . Actualizado a las 07:00 h.REDACCIÓN CAMBADOS Unha hora antes do previsto, Pío Cabanillas chegou ós salóns de Exposalnés xusto a tempo para escoitar a conferencia do presidente do Consello da Cultura Galega, Carlos Casares. O voceiro do goberno tomou asento en primeira fila ata que, á unha da tarde, chegou o presidente do goberno galego acompañado do conselleiro de Xustiza, Antonio Pillado, do de Cultura, Xesús Pérez Varela, e de numerosas personalidades do PP da provincia. Tras os saludos de rigor, Carlos Casares presentou ós convidados e Pío comenzóu un discurso co que «só pretendo transmitir o que a figura de Ramón ten suposto para min como punto de referencia da vocación simbólica da miña xuventude». Cabanillas pasou a falar despois da situación que atravesa Galicia nestes momentos na que «as novas xeracións comparten dous idiomas coma xeito de convivencia cultural, no que a lingua de Cabanillas acada niveles de globalización máis que reseñables». Unha situación que, no seu parecer, leva a que «hoxe non queremos convertir Galicia en terra de confrontacións, en terra de lamentacións, en terra de lamentos, en definitiva en terra de pasado». Por, iso engadiu que «entre todos podemos falar de Ramón Cabanillas cada un dende a súa perspectiva, cada quen dende a súa interpretación. Pero no por eso deixa de ser un símbolo que hay que manter». Para rematar o discurso, o voceiro recordou un verso de Cabanillas que dí «está cativa a toxeira, máis despois de tanto inverno, Galicia a de ter primavera». Unha estación que, según Pío Cabanillas, Galicia ya ten acadado hoxe en día.