Premios do Castro Alobre

La Voz

AROUSA

A Asociación de pais e alumnos do instituto Castro Alobre de Vilagarcía entregou onte os premios do concurso de pintura e poesía que se celebrou a principios desta semana. No certamen, que se realizou coincidindo coa festividade das Letras Galegas, participaron alumnos dos catro institutos vilagarcíans. Ademáis, tamén colaboraron Edicións Xerais e as concellalías de Cultura e Educación do municipio. A entrega celebrouse ás doce do mediodía de onte no salón de actos do centro deste centro de estudios. A el acudiron a concelleira de Educación Victoria Hierro, o de Cultura, Roberto Araújo e o vicedirector do centro que organizaou o certamen, Xosé Sabarí, ademáis de numerosos membros da APA e da directiva do instituto. Sen embargo, non pudieron estar presentes tódolos premiados por mor dos exámenes. O APA entregará o resto dos galardóns durante a próxima semana, nos locales desta agrupación no Castro Alobre. Os gañadores poden pasar a recollelos a partir deste luns.