Moitos versos, moitos premios

La Voz

AROUSA

VÍTOR MEJUTO

O Concello de Vilagarcía convoca o certame de poesía Fermín Bouza Brey Nos días previos á celebración do Día das Letras Galegas, xusto é que a poesía, a narrativa e incluso a pintura, aínda que dende outra beira da arte, centren a vida cultural da comarca. O Concello de Vilagarcía ven de convocar o certame Fermín Bouza Brey, con motivo do centenario do nacemento deste ilustre escritor. Unha homenaxe en forma de poemarios a quen adicou a súa vida ás letras. E si de galardóns literarios se trata, tamén o instituto Castro Alobre se suma a iniciativa. A semana que ven coñeceranse os gañadores do primeiro premio de pintura, poesía e narrativa xuvenil que organizou a APA do centro.

08 may 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

REDACCIÓN VILAGARCÍA O 31 de marzo de 1901 nacía en Ponteareas Fermín Bouza Brey. Agora, cen anos despóis a Concellería de Cultura de Vilagarcía propón un merecido homenaxe a este escritor, que tanto significou nestas terras. O premio de poesía está dotado con 500.000 pesetas, que será entregado ó autor do poemario inédito que o xurado, composto por destacadas persoas da cultura, escolla como gañador. O faio do concurso darase a coñecer o vindeiro día 20 de outubro. Os aspirantes que desexen participar neste certame poderán presentar os seus traballos ata o vindeiro día 24 de xullo. As obras terán que ter unha extensión mínima de 400 versos escritos en lingua galega. Os concursantes deberán enviar cinco exemplares escritos a máquina nun sobre sen remite ó enderezo do Concello na Praza de Ravella. Os textos terán que levar un lema que tamén figurará no exterior do sobre xunto cos datos personais. Vilagarcía adica así o seu homenaxe a Fermín Bouza Brey, recuperando o premio que, tamén co seu nome, organizou en 1992 cos municipios de Ponteareas e Cortegada.