Evitar a coincidencia co Eixo

La Voz

AROUSA

28 mar 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

A edición do ano pasado foi unha das máis singulares da historia do Blanco Amor. O seu gañador, Xosé Carlos Caneiro, foi ó mesmo tempo gañador do premio de novela Eixo Atlántico, libro finalmente editado por Xerais. A coincidencia no mesmo día do fallo de ambos galardóns literarios impediu que o autor de Ébora poidese renunciar a un dos dous. Neste caso, a alcaldesa de Oleiros apuntou que o doble premio para a novela implicaba un maior rango de calidade e prestixio para o Blanco Amor e o que fora seu xurado «posto que -segundo Esther Pita- outro xurado escolleu a mesma novela». Sen embargo, tanto Vilagarcía como Oleiros se mostraron partidarios de que non se repetira unha situación similar. Gago advertíu que nas bases non figura a data para o fallo do premio e, polo tanto, se fixará un día axeitado para evitar a coincidencia. As bases do premio sinalan que o xurado deberá estar composto por escritores ou críticos literarios do ámbito da literatura galega.