A Xunta suprime o servicio de normalización lingüística do Salnés

La Voz

AROUSA

VÍTOR MEJUTO

Educación e a Sociedade para o Desenvolvemento non renovan o convenio para manter este proxecto A Consellería de Educación e a Sociedade para o Desenvolvemento comarcal de Galicia non renovaron o contrato para manter os servicios de normalización lingüística dos centros comarcais. Unha iniciativa que comenzou en maio de 1998 coa finalidade de promocionar o uso da lingua galega en tódolos planos da vida pública e para asesorar á poboación, empresas e institucións en xeral. A pesar de mostrarse moi satisfeitos cos resultados deste programa e de reiterar a súa disposición por mater este servicio, o convenio non foi renovado, segundo fontes da Sociedade, por mor dos responsables da Consellería de Educación.

02 ene 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

REDACCIÓN CAMBADOS Os servicios de normalización lingüística dos centros comarcais comenzaron a funcionar en maio de 1998 gracias a un convenio que firmaron a Sociedade para o Desenvolvemento de Galicia e o departamento de Política Lingüística, dependente da Consellería de Educación. O acordo renovouse por última vez en outubro do 99 ata o 31 de decembro do mesmo ano. Chegada esa data, os responsables deste servicio en sete dos centros comarcais non tiveron a esperada renovación do contrato. Segundo a versión da Sociedade para o Desenvolvemento, non entraba nos seus plans suprimir este servicio do que, ademáis, aseguran estar moi satisfeitos. Deste xeito consideran que é política lingüística a responsable de que non se firmase a renovación, aínda que non respostaron a ningunha das preguntas que lles fixo este xornal. Mentres, na Consellería de Educación gardan silencio sobre este tema porque afirman que o responsable está de vacacións. «Dende a Sociedade para o Desenvolvemento considérase que este servicio deben estenderse progresivamente a todas e cada unha das comarcas galegas, polo cal pon á disposición da Consellería de Educación, os recursos humanos e materiais dos que dispón», sinalan. Entre os principais obxectivos deste servicio, destacan a necesidade de promocionar o uso da lingua en tódolos planos da vida pública, transmitir a través do galego unha visión completa das comarcas coma realidade diferencial e asesorar á poboación, empresas e institucións en xeral en materia lingüística.