De Plácido Castro a Cabanillas

La Voz

AROUSA

MARTINA MISER

O escritor Antón Santamaría foi o encargado de clausurar as xornadas literarias do Salnés

11 nov 2000 . Actualizado a las 06:00 h.

M. A. CAMBADOS Antón Santamaría foi o encargado de clausurar onte as xornadas literarias que se celebraron esta fin de semana en Exposalnés. Este escritor falou sobre Ramón Cabanillas e a súa lingua. Un poeta ó que tamén adicou a súa conferecnia Ramón Pena, aínda que se centrou na obra Na noite estrelecida. Un libro que, segundo as súas verbas, «ten unha temática nacionalista artúrica». Pena adicou a súa charla a descifrar os motivos que levaron a Cabanillas a escribir esta obra e a expoñer como foi acollido o libro dentro do pensamento galegista da época. Segundo él, Cabanillas redactou esta obra porque estaba na liña do pensamento de Risco e «interpretaba que as lendas eran importantes para a formación dunha cultura nacional. O que á súa vez tamén resultaba imprescindible para a creación dun movemento político», sinalou Ramón Pena. Outro dos protagonistas da xornada de onte foi Plácido Castro. Neste caso o encargado de ofrecer a conferecnia foi Xulio Ríos, director do Instituto Galego de Analise e Documentación Internacional. Ríos tentou explicar porque Plácido é unha persoa tan pouco coñecida a pesar da labor que desempeñou durante anos. «Era un visionario. Os seus pensamentos nos anos 30 son perfectamente aplicables ó século XXI», sinalou. Asegura que Plácido sempre tentou defender o progreso e que tiña unha visión moi univarsalista pero sen perder a súa identidade. «Consideraba que había que ser galegos, pero tamén cidadáns do mundo. El cría que se debía coller o mellor de cada país e aplicalo aquí, pero sempre sen perder a nosa idetidade de galego», apuntou. Pola tarde, o escritor Román Raña debeu substituír a Xosé Luis Axeitos, que non puido asistir, na ponencia sobre Manoel Antonio. Ás oito do serán déronse por calusuradas estas segundas conferencias sobre literatura que se celebran na comarca coa entrega de diplomas ós asistentes, que hoxe están convidados a asistir á sesión de teatro, a cargo do grupo Ollomoltranvía, que se celebra na cultural de Camabdos.