Imaxes dunha historia

La Voz

AROUSA

VÍTOR MEJUTO

Cambados recolle nunha mostra fotográfica cen anos da vida social deste municipio O Concello de Cambados inaugurou onte unha mostra que recolle cen anos de historia deste municipio a través de trescentas fotografías. A exposición pretende facer un amplo percorrido polos actos e persoas máis signifiativas do municipio e ofrecer, ó mesmo tempo, unha visión da súa evolución no último século. «Creeemos que é unha iniciativa moi interesante porque moita xente, que descoñecía a existencia dalgunha das fotos, vaise ver refelxada», apuntó la primera teninte alcalde, Rosa Oubiña. A festa do Albariño, as primeiras escolas, tódolos alcaldes e os equipos deportivos figuran nesta peculiar mostra.

03 ago 2000 . Actualizado a las 07:00 h.

REDACCIÓN CAMBADOS «Pretendimos que esa mostra fora un resumo do século en fotos», apuntó Luis Rei, organizador, xunto con Xavier Camba, desta exposición. Para realizar este traballo, ambos dispuxeron dunhas 3.000 fotos para seleccionar. «Foi o traballo máis difícil porque conseguimos todas esas fotografías e, despois, tivemos que escoller cales ían», añade Rei. Finalmente, só trecesntas imáxes puideron formar parte desta mostra que onte foi inaugurada no auditorio do concello de Cambados, ainda que outras 200 foron dixitalizadas e pasaron a formar parte do arquivo municipal. As fotografías foron pedidas a distintos veciños do municipio ou sairon do arquivo municipal. Despois, os organizadores tiveron que pregutar á xente ata adiviñar quenes eran os personaxes que aparecían. A exposición está dividida en varios paneis temáticos. A festa do albariño é un dos eventos que protagoniza esta mostra. Nela aparecen imaxes das primerias comidas, de ilustres persoeiros que foron nomeados cabaleiros e incluso as distintas agrupacións folclóricas que actuaban naqueles anos. Outro dos apartados, céntrase en postais antigas que ofrecen unha visión moi distintas do municipio, coma unha arbolada alamenda de San Tomé ou unha despexada calzada. Tamén a vida política aparece refelxada na mostra nun panel no que están fotografiados tódolos alcaldes do municipio, dende Francisco González Pardo ata o actual, Xosé Manuel Cores Tourís, pasando, por suposto por Xoán Antonio Pillado, Andrés Iglesias ou Jaime Silva. As distintas escolas que houbo no municipio tamén aparecen reflexadas. Así, un pode ver de pequenos a xente que hoxe ten uns 80 anos ou os actos de fin de curso do 69 no colexio Magariños. A Igrexa e o pósito son outras das institucións que aparecen reflexadas nesta mostra. Os curas párrocos e a primeira xeneración de mariñeiros que se xubilou poden ser contempladas en distintas imaxes. As fotos están identificadas e acompañadas dunha pequena introducción.