«Monta-la escola é fundamental»

La Voz

AROUSA

FÚTBOL Recompoñer a estructura do fútbol base e potencia lo é un dos compromisos que adquiriu a xunta directiva do Arousa coa chegada á presidencia de Enrique Jiménez, e Eduardo Carregal é o máximo responsable da súa dirección. «Monta-la escola é fundamental», afirma de primeiras, «porque temos un déficit de calidade e, incluso, de cantidade». Os ascensos dos equipos cadete e infantil a División de Honra e a Liga Galega son outros dos obxectivos, que se encadran nun proxecto no que o eixo será «a formación integral dos xogadores», explica. Carregal está convencido de que é o camiño para conquerir-los éxitos.

19 jul 2000 . Actualizado a las 07:00 h.

FERNANDO SALGADO VILAGARCÍA Foi un dos protagonistas do rexurdimento dos equipos de base do Arousa, e despois de tres tempadas volta animado polo reto que supón recompoñe-la súa estructura. _¿Cal vai ser a idea que mova á sección de fútbol base do Arousa? _O obxectivo fundamental é formar integralmente ó xogador o mellor posible dende a escola de fútbol _que, creemos, debe ser o pilar desta estructura_ ata xuvenil. Queremos que esa formación sexa a básica para chegar o primeiro equipo, sin esa premura que había polo ascenso. Para nos é fundamental una filosofía de formación na escola. A partires de alevín para arriba, sin deixala de lado, buscar tamén a competitividade, porque é o que prima nesta sociedade. _¿Cales son os medios para leva-lo adiante? _O que temos craro é que os recursos a utilizar son moitos e o primeiro atranco con que atopamos e o de utilización dos campos. O primeiro é que para montala escola de fútbol necesitamos un pavillón. Debido a que prácticamente ata o primeiro de xullo no foi operativa a directiva, non puido solicitar un pavillón que e básico telo nunha banda horaria de sesi a oito e media, na que poidan traballar os rapaces. Por outra parte, creemos básico que traballen unha vez a semana na Lomba porque teñen que tomar contacto xa coa herba. _E para o resto dos equipos, ¿qué hai? _Creo que só contamos co campo de Rubiáns, e non chega. Parece que van a preparar o de Verdón, pero teño entendido que non estará listo ata setembro. Si é posible, cabe solicita-lo que está detrás da grada de Preferencia e, incluso, dacordo con outros clubes cercanos, Bamio, Chispa... de utilizalos seus. _Os pais financian económicamente a base e contribuen co primeiro equipo. ¿Cal vai ser o seu papel? _No apartado de desprazamentos vai implícita a colaboración dos pais, fundamentalmente nas categorías más baixas porque se moven en localidades próximas. A súa colaboura é básica porque falamos sempre da falta de recursos, económicos neste caso. O que lle vou comentar é que teñen que estar ó marxe do traballo técnico dos adestradores. Por pagar unha cuota, o pai ten dereito a que se lle forme o rapaz. A partires de aí non debe inmiscuirse. _Varios directivos do Arousa son pais de xogadores e a súa presencia pode dar lugar a que cando xoguen os seis fillos se poida ver como un certo favoritismo ou pago de favores. _No proxecto deportivo que lle presentei a directiva _no que hai un regulamento de réxime interno con dereiros e deberes de tódolos sectores do fútbol base: adestradores, xogadores e pais_, unha das premisas é que non imos permitir que se metan na nosa laboura. As bases coñéceas e, unha vez que esté elaborado, vai haber un compromiso e os directivos terán que firmalo e acatalo. Nos temos o deber de informarla do noso traballo, pero eso para min é básico.