La Oca Band e seis grandes artistas ofrecerán «Un conto de Nadal» este sábado en Xove

Lucía Rey
lucía rey XOVE / LA VOZ

XOVE

ALBERTO LÓPEZ

A Gran Verbena dará comezo ás 19.30 horas no pavillón

16 dic 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A orquestra La Oca Band e seis grandes artistas da verbena galega deleitarán ó público este sábado, 18 de decembro, cunha gala especial que se celebrará en Xove. A cita, que levará por título «Un conto de Nadal», dará comezo ás 19.30 horas no pavillón polideportivo, e contará co patrocinio do Concello de Xove e da Xunta de Galicia a través do programa Xacobeo 2021-2022. Dirixida por Dani Dopazo, La Oca Band é unha das orquestras de referencia de Galicia, e unha das poucas que, pese á paralización da verbenas debido á pandemia do coronavirus, continúa activa. Dela naceu o proxecto Cen anos da verbena galega, que chegou a un bo número de poboacións. La Oca actuou, por exemplo, nas últimas Feiras da Pontenova. «O segredo é traballar, traballar e traballar», comentaba tempo atrás Dopazo. «Un conto de Nadal» é a súa nova proposta. Canda eles, ó escenario de Xove subirán varias figuras moi recoñecibles e queridas da escena musical galega. Unha delas é Noelia Solleiro, que cantou, entre outras, en Pontevedra, Solara e Capitol, e vén de gañar o Premio Canción do Verán da TVG. Tamén actuará Marta Valiño, solista, entre outras, de Costa Oeste e Olympus.

Cantarán ademais outros dous veteranos artistas da verbena: Carlos Mariano, referencia da orquestra Suavecito, e o costarricense Enzo Fernández, que foi voz principal da Charleston. David Balboa, que estivo na París de Noia ou na Philadelphia, e Ruth Núñez, que vén de ser finalista no programa A Liga dos Extraordinarios agora está en La Oca, completan un cartel de luxo ó que tamén se sumarán os Gaiteiros de Xove na canción Tamborileiro, na que actuarán en directo coa banda, e os nenos do colexio de Xove, que actuarán como coro.