O BNG fará este venres un acto público en Viveiro para reclamar infraestruturas para A Mariña

La Voz

VIVEIRO

Néstor Rego
Néstor Rego FERNANDO VILLAR | EFE

Participará Néstor Rego, entre outros representantes da formación nacionalista; será ás 19h na sala multiusos do concello

09 ene 2026 . Actualizado a las 10:06 h.

O BNG convocou un acto público este venres en Viveiro sobre infraestruturas, baixo o título: «25 anos agardando, autovía e corredor xa!».

A formación nacionalista realizará (19.00 horas, no salón multiusos da Casa do Concello viveirense) un acto aberto á veciñanza do municipio para trasladar o traballo realizado onde participarán o deputado do Bloque no Congreso, Néstor Rego, o deputado no Parlamento de Galicia, Daniel Castro, a portavoz municipal, Iria Cotelo e o concelleiro na corporación local, Seve Salgueiro.