Agrupará a diferentes asociacións veciñais e culturais do municipio
18 ene 2025 . Actualizado a las 19:31 h.Plataforma veciñal de Viveiro. Na primeira toma de contacto de asociacións culturais e veciñais das diferentes parroquias co obxectivo de crear unha Plataforma Veciñal do Concello de Viveiro, tratáronse inquedanzas comúns e establecéronse diferentes vías de comunicación, así como unha periodicidade dos encontros. A situación da sanidade pública foi un dos puntos que suscitaron máis debate xunto coa necesidade de facer fronte común. Esperan que se sumen máis asociacións.