Viveiro llama a la responsabilidad para cumplir las normas de la Fase 1

s. c. VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

Pepa Losada

Con los paseos y el deporte, las terrazas, en las compras, para no dar «pasos atrás»

16 may 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Desde el Concello de Viveiro hacen una llamada a la responsabilidad para que los vecinos cumplan las medidas establecidas por las autoridades sanitarias en la Fase 1. La alcaldesa, María Loureiro, explica que el comportamiento de la mayoría está siendo «ejemplar», aún así insiste en la necesidad de cumplir con las normas con los paseos, las terrazas en fin de semana, con todo en general, para así evitar rebrotes con el covid-19.

Días atrás, cabe recordar, la regidora viveirense mantuvo una reunión con las fuerzas de seguridad para concretar las diferentes medidas de flexibilización o restricción en la actual Fase 1 de la desescalada.

En este sentido el concello recuerda «que no núcleo de poboación de Viveiro seguen vixentes as franxas horarias para facer deporte ou pasear: ata tres menores de 14 anos poden saír cun proxenitor unha vez ao día e a unha distancia máxima dun quilómetro entre as 12 da mañá e as 7 da tarde».

«Os maiores de 14 anos ata 70 poderán saír a facer deporte sempre de maneira individual e mantendo as distancias sociais ou a dar un paseo cun membro da

unidade familiar de convivencia, desde as 6 ás 10 da mañá e de 20 a 23 horas», con respecto siempre al núcleo de población de Viveiro.

«Os dependentes que precisan un acompañante e os maiores de 70 anos teñen reservada tamén unha franxa horaria: de 10 a 12 da mañá e unha hora pola

tarde, de 19 a 20 horas».

«Nos demais núcleos de poboación do concello non hai restricción horaria de 6 a 23 horas,

pero tamén é importante non superar unha hora de deporte ou paseo (que pode ser con menores). Con respecto ás terrazas, non hai limitación ou franxa horaria e os nenos poden ir, pero deben estar cos adultos, non xogando nos arredores. O concello solicita aos establecementos de hostalería que vele polo respecto das distancias sociais».

«Por último, o concello recomenta as consultas médicas por teléfono sempre que sexa posible e que sexa o médico o que determine se é necesaria unha consulta presencial», apuntan.

«A evolución da pandemia é boa en Viveiro, pero é importante non dar pasos atrás, polo que pedimos a colaboración de todos os veciños e veciñas, que ata o de agora tiveron un comportamento exemplar», concluye la alcaldesa, María Loureiro.

Llamamiento a la responsabilidad que se hace extensivo ahora al fin de semana con las terrazas y las salidas al campo, al monte, a zonas de recreo, en previsión de buen tiempo. «Que se cumpra coa normativa, é moi importante, polo ben propio e común», insistía la regidora municipal viveirense, María Loureiro.

Recuerdan que en el núcleo de población de Viveiro siguen vigentes las franjas horarias para paseo o hacer deporte

En los demás núcleos no hay restricción horaria de 6 a 23 horas, a elegir una hora para paseo o correr

Las terrazas no tienen limitación o franja horaria y los niños pueden ir con adultos; hay que cumplir las distancias

«A evolución da pandemia é boa en Viveiro, pero non hai que dar pasos atrás. Pedimos a colaboración de todos os veciños; ata o momento o comportamento da maioría está sendo exemplar»

María Loureiro

Unha celebración das Letras Galegas especial con artistas viveirenses através das redes

O Concello de Viveiro, a través da Concellaría de Cultura, que dirixe Lara Fernández-Noriega, deu a coñecer a programación organizada para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado a Ricardo Carvalho Calero.

As circunstancias actuais obrigaron a modificar as actividades previstas. Con todo, o Concello de Viveiro non quixo deixar pasar o Día das Letras Galegas. Nas redes sociais do concello está colgado o cartel conmemorativo creado para esta celebración, cunha frase destacada de Carvalho Calero. As actividades organizadas polo concello comezarán mañá, Día das Letras Galegas e prolongaranse durante tres xornadas, nas que diferentes personaxes da vida cultural de Viveiro farán unha homenaxe, dende a súa arte, ao autor ferrolá.

Na mañá do domingo 17 de maio, na web e redes sociais do concello publicarase un vídeo, cun conto de Raquel Queizás, realizado en especial para os nenos e nenas de Viveiro. Ese mesmo día pola mañá, tamén se porá en marcha a outra iniciativa para os máis pequenos, mediante a que se pretende coñecer as súas palabras favoritas en lingua galega e encher a rede de palabras fermosas, baixo o hashtag #viveirocoasletras; aquelas persoas que non teñan redes sociais tamén se poden sumar a esta iniciativa colgando as súas palabras favoritas nas fiestras.

O domingo pola tarde publicarase un novo video, no que o artista David Catá realizará unha adaptación do Himno Galego. O luns pola mañá subirase ás redes un vídeo no que o Cronista Oficial de Viveiro, Carlos Nuevo Cal, realizará unha achega á vida e obra de Carvalho Calero; ese mesmo día, pola tarde, publicarase outro vídeo, no que o músico David Bellas, interpretará unha peza da súa autoría. O martes será Suso Martínez quen interprete a Carvalho Calero.