O Seminario Terra de Viveiro rende homenaxe a Nicomedes Pastor Díaz

m. c. VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

PEPA LOSADA

Repoñerán a coroa de bronce de 1911, que enviara Hijos de Vivero en Argentina

20 sep 2019 . Actualizado a las 22:26 h.

O Seminario Estudos Terra de Viveiro organizará este sábado 21, ás 20.00 horas, na praza de Pastor Díaz de Viveiro, un acto de homenaxe a Pastor Díaz, coincidindo co mes do seu nacemento (naceu no 1811). Van repoñer a coroa de bronce que mandaran no ano 1911 (coincidindo co primeiro centenario do nacemento) a Sociedade Hijos del Partido de Vivero en Argentina. A coroa vaise colocar debaixo da placa, onde estivo sempre. A continuación intervirá Carlos Nuevo Cal, presidente do Seminario, e pechará o acto o tenente de alcalde Jesús Fernández, interpretándose a continuación por parte de David Bellas o himno do Antigo Reino de Galicia, cun solo de gaita. Despois dirixiranse ao local do Seminario (antigo centro comarcal) para celebrar unha homenaxe aos socios coincidindo coa celebración do 25.º aniversario da fundación do Seminario cunha pinchada e a intervención do grupo Os do 21, do Vicedo.