El románico lucense en 1.668 páginas

Yolanda García Ramos
yolanda garcía VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

PEPA LOSADA

Hay varios mariñanos entre los dos mil investigadores de la obra a nivel nacional

04 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Allá por los 90 comenzaba a tomar forma la Enciclopedia del Románico de la Península Ibérica, de la Fundación Santa María La Real del Patrimonio Histórico. La envergadura de la obra creció con el tiempo. Prueba reciente es el trabajo específico de la provincia de Lugo, que requirió de más tomos que otras y en el cuál el número inicial de 3 investigadores acabaría en 19. La investigación lucense, que arrancó en 2010, está ya en formato papel, tras haberse publicado las de Pontevedra (2012), A Coruña (2013) y Ourense (2015). «Esas tres provincias teñen dous tomos pero no caso de Lugo saíron tres e voluminosos: 1.668 páxinas», comenta una de las expertas que participó en la configuración de esta enciclopedia, investigando en fondos bibliográficos, realizando trabajos de campo y elaborando fichas, la historiadora de arte de Viveiro, Diana Rodríguez: «O proxecto foisenos un pouco das mans porque era moi extensa a cantidade de pezas atopadas».

Su parcela de estudio se centró en parte de A Mariña y de A Terra Chá. «Chamoume moitísimo a atención que algunhas pezas significativas do arte románico que estiveron catalogadas no seu momento (falamos do século XX), a día de hoxe non as atopamos. Sobre todo no referente a imaxinería e incluso pezas como un capitel románico». «Dalgunha igrexa, unha señora lembraba sendo ela nena ver ao cura sacando unha virxe pequena que había e que a levaban unha parella de cataláns debaixo do brazo, traendo a cambio a típica virxe de escaiola. Historias desas cóntanse, sobre todo porque as virxes románicas son pequeniñas e moi fáciles de transportar», señaló. Aparte de obras que no hallaron donde las situaban estudios previos, habla de refilón también de restauraciones dudosas: «Aínda que estaban referenciadas en obras de renome, certas imaxes decidimos non incluilas».

Con respecto a la investigación mariñana, indica: «O románico que atopei nesta zona é un románico xa nunha fase moi avanzada. Falamos dunha época tardía. Por exemplo, na igrexa de Santa María (Viveiro) podemos ver que en moitas publicacións aparece datada en pleno século XII, pero realmente a súa cronoloxía é posterior. Se temos en conta a tipoloxía da fachada, do rosetón, dalgúns dos seus capiteis e outros elementos como poden ser os canecillos en proa ou a decoración en bolas... imos ver que ten moita similitude con Santa María de Meira, igrexa que se conclúe en 1225 (S. XIII)». «A de San Xiao de Landrove conserva uns canecillos e saeteira no muro sur e unha porta con arco lixeiramente apuntado no muro norte, que nos remiten a un periodo tardorománico, situado en torno a 1.200», añade. «A igrexa de San Pedro -continúa- é a máis antiga que conservamos en Viveiro, pois trátase dunha obra de reconstrución sobre unha obra prerrománica. O barroquismo ornamental da ábside, os capiteis e canecillos axudan a datar a obra románica a finais do século XII». «Da área da Mariña, xunto a San Pedro, do máis antigo que atopei (non que temos porque temos cousas máis antigas) foi Santa Filomena do Cadramón (O Valadouro)», finaliza. «A súa organización mural e o seu aspecto ornamental nos axudan a datala en torno a 1180-1190», añade.

«Esta investigación foi excepcional e saíron á luz moitas cousas interesantes»

Diana Mª Rodríguez (Viveiro, 1975) participou na elaboración da enciclopedia e ocupouse dos municipios de Viveiro, Guitiriz, Begonte, Abadín, A Pontenova, Vilalba, O Valadouro e Pol.

-Como calificaría este traballo de investigación?

-Foi excepcional! Saíron á luz moitas cousas interesantes.

-Seguro que unha das conclusións útiles é a dunha necesaria conciencia sobre a importancia dese gran patrimonio románico.

-Si, deberiamos ter conciencia, incluso dende os colexios, de que son pezas únicas e irrepetibles.

-Aínda que non lle tocou estudalo, é inevitable falar San Martiño. Toda unha xoia!

-Si. San Martiño é a xoia que temos na Mariña. Manuel A. Castiñeiras, profesor da Universidade Autónoma de Barcelona, estivo dando unha conferencia alí e quedeime abraiada escoitando o que dicía: «Si los catalanes tuviesen esto, harían colas para poder verlo». É un románico totalmente diferente ao románico que podemos ver en toda a provincia. E xa non digamos en Galicia. Hai que ter en conta de que partimos dunha basílica do século X, na que se proxecta a obra románica de Don Gonzalo, que contou probablemente cunha cuadrilla de construtores pirenaicos. Vemos as fórmulas do primeiro románico, as formas ornamentais de edificios aragoneses como poden ser Jaca ou Loarre e influencias do camiño de peregrinación. Destaca o retablo pétreo e as súas pinturas murais, que son as máis antigas que conservamos en Galicia.

-Como valora a participación nun proxecto así tan destacado?

-Estou superorgullosa de que me chamaran para participar.

Obra de la Fundación Santa María La Real que comenzó en los años 90

La Enciclopedia del Románico de la Península Ibérica es un proyecto cultural que cuenta con dos mil investigadores detrás y que publica la Fundación Santa María La Real del Patrimonio Histórico, con sede en Aguilar de Campoo nacida en 1994. José Mª Pérez González «Peridis» es el director de la obra y Jaime Nuño el coordinador. «En 2003 levou este proxecto o premio Europa Nostra á mellor publicación sobre patrimonio cultural europeo», subraya Rodríguez. «Fomos un equipo moi grande, un traballo colectivo. Só na provincia de Lugo foron 19 os autores dos textos (ademais dos que fixeron as planimetrías) e coordinou o director do Museo de Pontevedra José Carlos Valle», señala. En el catálogo lucense hacen una introducción Valle, Manuel Antonio Castiñeiras y también José Miguel Andrade Cernadas.

Más: Web: romanicodigital.com