A salvación é cousa de todos

JOSÉ A. GARCÍA

VIVEIRO

DENDE A BANCADA | O |

08 mar 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

O CONCELLO de Sarria apoia como concepto fundamental da súa política deportiva a potenciación e dinamización do deporte base e polo tanto, dos nosos rapaces. Un exemplo claro é a S.D. Sarriana, que con esforzo e tesón vaise convertindo coas categorías inferiores -os nosos rapaces- en viveiro do primeiro equipo. Por iso é de resaltar o traballo de xogadores e corpo técnico e dende logo o esforzo da directiva para afrontar unha categoría difícil pero ao mesmo tempo ilusionante. Agora que entramos na recta final da temporada é imprescindible o apoio de todos, para que o noso equipo se manteña na categoría. O primeiro paso deste reto deuno co importante triunfo acadado na última xornada, que agardamos que sexa pulo para unha racha positiva ata o remate da temporada. Racha merecida polo esforzo e ilusión que está a demostrar a plantilla e corpo técnico. Todo iso lévanos ós sarrianos a animar e apoiar ó equipo para axudar na próxima cita en Ribela, nun partido difícil ante o líder, a sumar tres novos puntos. Seguro que o podemos conseguir se todos nos comprometemos. A Sarriana sempre foi espello do deporte en Sarria e na súa traxectoria implicáronse moitos veciños, polo que agardamos que este tramo final sexa positivo e poidamos acadar a meta de manternos na categoría. Quero dar o meu apoio para que esa meta cristalice, para que os rapaces sigan tendo ao equipo como referencia dos seus soños máis inmediatos e o noso clube siga levando o nome de Sarria polos campos de fútbol desta categoría. Moita sorte.