Denuncian que «o PP pediu á Xustiza paralizar» a apertura de residencias en Ribadeo e Trabada

La Voz LUGO / LA VOZ

RIBADEO

JOSÉ ALONSO

29 mar 2019 . Actualizado a las 16:50 h.

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e os alcaldes da Fonsagrada, Pol, Ribadeo, Trabada, Pedrafita do Cebreiro e Ribas de Sil denunciaron conxuntamente onte xoves

que «o Partido Popular non quere que abran as residencias e está a empregar fondos

públicos para tentar paralizalas de xeito inmediato, posto que presentou recursos contenciosos nos que reclaman medidas cautelares en contra dos centros, cargando isto ás arcas de

Suplusa. Por moito que lle pese ao PP, imos a seguir coa nosa folla de ruta e co noso traballo para abrir entre abril e maio as primeiras residencias», sinalaron os alcaldes.

Algúns dos rexedores municipais tamén apuntaron onte na rolda de prensa a posibilidade de declarar aos representantes do PP que impiden a apertura das residencias de maiores «por razóns políticas, persoas non gratas».