O Festival Mil Primaveras enche Mondoñedo de citas interesantes en torno a Cunqueiro

y. g. MONDOÑEDO/LA VOZ

MONDOÑEDO

CEDIDA

Unha das principais será o concerto de Amancio Prada, na catedral, con aforo xa completo

11 mar 2023 . Actualizado a las 12:19 h.

Este sábado 11 será a xornada clave, principal, do Festival Mil Primaveras, coas seguintes propostas ao longo dun día intenso: Mercado Cultura e Fantasía (de 11.00 a 20.00, Praza da Catedral), Tren Fantástico (dende as 11.00, Praza da Catedral; prezo 2 euros, pero gratuito para persoas caracterizadas dalgunha das personaxes de Cunqueiro), Tapas de Cunqueiro (de 11.00 a 22.00, en restaurantes da vila), proxeccións audiovisuais de Cunqueiro, a grande ilusión, O cabalo de Alberte Merlo e El incierto señor Cunqueiro (de 11.00 a 20.00, Casa Museo Álvaro Cunqueiro), Escola de Teatro con Paloma Lugilde en colaboración con Axuda ao Enfermo Mental A Mariña (10.30, Casa da Xuventude), Escola de Escritura con Antía Yáñez (11.00, Casa Museo) e obradoiro do Mago Merlín con Manolo García e Xogando nas Nubes (11.00, carpa).

Continuará coa celebración do XII Encontro Galego de Postcrossing Álvaro Cunqueiro (De 11.30 a 13.00, Casa Museo), o Itinerario Histórico-Musical co guia Richard Rivera (de 11.00 a 13.00, Praza da Catedral), showcooking da receita de bola de rixóns que tanto lle gustaba ao escritor e degustación coa Asociación Sendeiriña (12.30, carpa), Contos a Pé de Rúa con Caxoto Cativo (12.30, carpa) e Micro-concertos Emerxentes con agrupacións musicais da contorna (13.00). O mediodía rematará coa conversa «Viabilidade dun grupo tearal no rural», con Xron do Grupo Chévere (13.00, Casa Museo) e un Paseo Fantástico Mindoniense (13.30, dende a carpa).

Xa na tarde, de novo conversa con Xosé Gago e Lourdes Otero baixo o título de «A viciñanza como axente de valoración do patrimonio inmaterial» (16.30, Casa Museo), máis teatro «emerxente» (16.30) e roteiro histórico-musical guiado por Richard Rivera (de 16.30 a 18.30, Praza da Catedral). A continuación, dita axenda inclúe a sección «Galicia nos Goya» dentro da que se proxectará The Monkey de Xosé Zapata (Goya á mellor curtametraxe de animación 2022) o 11 de marzo (17.30, Casa Museo Álvaro Cunqueiro)  sesión de monicreques con Ton Arenas e «Cromina Caciporra recibe ao Corvo Estanislao» (17.30, carpa), de novo poesía «emerxente» no Cunqueiro Fake Corner (18.15, carpa) e monólogo de Diana Sieira «Cunqueiro de aquí e de acolá» (19.00, carpa). Finalmente, o concerto «Amancio Prada canta a Cunqueiro» (20.30, catedral de Mondoñedo; aforo completo).