A alcaldesa midoniense invita a acudir ás festas, que se celebran de xeito ininterrumpido dende 1156
14 oct 2015 . Actualizado a las 05:00 h.Elena Candia vivirá as súas primeiras festas das San Lucas como alcaldesa de Mondoñedo. Di que as afronta "asumindo a responsabilidade que debemos ter como Concello. Estes días estivemos intentando conseguir novas plazas de estacionamento. Ó coincidir o día 18 en domingo estou moi interesada en dar unha imaxe de organización e asumir a responsabilidade que debemos de ter nas feiras máis importantes do Concello, co Mercado Medieval, en organización e no que a seguridade se refire, poñéndose a disposición da comisión. Traballamos en varias reunións; esta mañá (onte) aínda tivemos unha mesa técnica de seguridade. A máis diso, está a parte máis emocional, que asumo con moito iusión porque sempre me pareceu que tiña que ser un dos eventos que máis nos representa fóra de Mondoñedo, as nosas feiras, que son as máis antigas de Galicia. E aínda que non se puido aportar todo o que nos gustaría aportar (refíreuse ó feito de que houbo cambio de goberno e non puideron estrear orzamento), o Concello si creo que vai estar á altura das circunstancias e asumindo a súa responsabilidade".
"Vamos ver as necesidades que teña a comisión e tendo en conta as nosas disponibilidades pois ofrecémoslle toda a colaboración; creo que non haberá grandes sorpresas, pero na medida das nosas posibilidades queremos botar unha man, con responsablididade, e tamén económicamente si a comisión o necesita e o orzamento que nos deixan o permite", engade
Do programa, destaca, "se cadra a chegada dos cabalos, que ó ser un sábado nos permitirá consolidala. É un espectáculo a irrupción dos cabalos na plaza da Catedral, dá unhas imaxes preciosas, e ó ser sábado vai permitir que o vexa máis xente, o que permitirá maior promoción e consolidación. Tamén poño en valor o concerto de Los Secretos, en acústico, que creo vai ser un concerto agradable e podendo disfrutar del nunhas condicións óptimas sentados no auditorio e irá consolidándose tamén o encontro folclórico, que leva poucos anos na programación. Tamén hai maior número de cabalos asistentes e valoro moito a incorporación de xente nova. Vai ser a primeira vez que se inscribe unha muller como baixadora, Tania. Seu pai tivo un accidente nun cabalo hai cinco ou seis anos e quedou nunha situación de minusvalía severa e a filla continuou coa actividade económica do pai e é a primeira vez que baixa cabalos, é unha rapaza moi nova debe ter 27 ou 28 anos. Cando pensamos que a feira se acaba e non ten recorrido, incorpórase xente nova. Esta mañá me dicía a organización que as previsións se están desbordando. Eu creo que nas San Lucas, aínda que poidamos facer outras actividades musicais e culturais, o noso valor, a nosa singularidade é o mundo do cabalo e temos que coidalo moitísimo. Aparte do que é a venta e a feira, as actividades paralelas como o concurso de doma, que pon en relieve outra forma de vivir o cabalo no mundo actual. Temos que posicionar As San lucas como un evento de referencia do mundo do cabalo".