«Desde os anos 60 non perdo un partido do Foz, salvo que enferme»

FOZ

XAIME RAMALLAL

Pedro Fraga Otero fue jugador, directivo y entrenador ocasional: «Antes xogábase ben, pero agora os rapaces van como motos»

06 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A sus 73 años lo sorprendo en plena faena, construyendo la carroza del carnaval para Os Larpeiros de Foz. Está hecho un chaval. «Bueno... Os anos están enriba», replica con una sonrisa. Pedro Fraga Otero es uno de los seguidores más entusiastas del Club Deportivo Foz. Es uno de esos aficionados que se ven por algunos campos de fútbol, siempre fieles a sus colores, cada domingo de partido, sin faltar a su cita: «Agás que estivera enfermo, dende que parei de xogar non lembro perderme ningún partido do Foz na casa dende os anos 60. Si, levo toda a vida indo ao fútbol», dice con orgullo. Y añade, para acentuarlo: «Teño o número 6 de socio do Foz».

Fue en los años 60 cuando jugó en el equipo de su vida. Entonces el Foz militaba en Primera Regional: «Era centrocampista, interior. E despois, cos anos, de libre... É lei de vida».

«Tamén fun directivo. Houbera una crise moi grande no Foz. Incluso se dicía que ía desaparecer. Entón Longarela, que despois foi o presidente, e Ramón de Simón, xa morreron os dous, preguntáronme cantos socios podía facer. Eu díxenlles que contando ós amigos podía chegar a 20 ou 25. E fixemos unha directiva, tamén co Boleco, Ton... Xuntamos unha pila de socios. Foi unha época moi boa do Foz, da etapa de xogadores coma Chinchón, Chipilín, Eliseo, Cristóbal, Tristán, Burunda, Richard, Luis, os Gayol, Lombardero... Era un equipazo. O que practicou o mellor fútbol que eu recorde». Y añade: «Incluso cheguei a ser adestrador, cando estaba Fiallega e sufrira un accidente moi grave. Despois xa me quedei como socio e vindo ao fútbol sempre, sen perder un partido».

Desde la óptica que le da la experiencia y la veteranía compara los dos fútbol, el actual y el de antes: «Físicamente non se poden comparar. Agora están moito mellor preparados. Vexo aos rapaces correr e... buf, son outro mundo. Na época de Tristán e Burunda adestrabas dous días á semana, dúas horas, malamente, pero o fútbol era tan bo ou mellor que o de agora. Pero iso si, a rapidez e o ritmo que hai agora non o había antes».

Otro cambio se aprecia en las gradas: «O domingo, fronte ó Viveiro, deu gusto ver o Martínez Otero. Recordaba os tempos de antes, esa rivalidade que había, cando a xente enchía os campos. Mágoa o que se perdeu».

«O mellor xogador que lembro é Pedro Tapia e o mellor equipo o de Tristán, Burunda, Gayol, Cristóbal, Eliseo... Vaia rivalidade que había co Burela ou co Ribadeo! Saltaban chispas, pero era unha rivalidade sa»

«As veces sufro bastante, saio amargado, pero á media hora xa se me pasa»

«A fama do Foz de xogar ben non hai quen lla quite. Iso ven de cuna. E poño por exemplo un detalle o domingo pasado, cando no intermedio todos os pícaros saltan ao campo a xogar. Dá gusto velos. Iso non se ve en outros campos», apunta. Pedro goza en las victorias y sufre en las derrotas. Lo reconoce: «Ás veces saio amargado do campo, pero á media hora xa me pasa. O domingo, por exemplo, fastidioume perder. Fun felicitar ós chavales, a Asier, que é sobriño meu, díxome que con ese árbitro non gañábamos aínda que marcáramos tres goles. A min o Viveiro é un equipo que sempre me gustou, pero o Foz está xogando moi ben. Hai un adestrador, Gayol, que vive o fútbol. Se se dedicara a iso seguro que triunfaba».

De todos sus años como aficionado del Foz, el recuerdo que siempre tiene presente es uno de chaval, cuando el Foz regresó de Ourense con el ascenso a Tercera división: «Non se me esquece aquela sensación. Naquel equipo xogaban Simón; Telmo, de Viveiro; Roca, de porteiro; García, que xogara no Ourense... Era un equipazo. Non perdían partido».

Con todo, el jugador que más le ha llamado la atención ha sido Pedro Tapia, exquisito central. «E tamén Ángel Simón, que xogou no Lugo e no Langreo. No centro do campo, Gayol, o actual adestrador era moi bo xogador». De Nacho, destaca su entrega, «pero o que máis lonxe chegou foi Suso Ares, meu primo, que xogou no Lugo, Ferrol, Celta, Atlético de Madrid, Salamanca e Málaga. Agora ten 84 anos, pero lémbrome del xogando cando eu era un pícaro».