Deputados do PP provincial visitaron Astilleros Armón en Burela, empresa puntera y de prestigio en el sector
BURELA
Coñeceron en detalla o funcionamento da empresa da man do seu director, Juan Ramón Pernas
08 oct 2025 . Actualizado a las 18:02 h.Os deputados do PP da provincia de Lugo, acompañados dos concelleiros do grupo Municipal do PP de Burela, coñeceron todo o traballo que se realiza en Armón Burela da man do director do estaleiro, Juan Ramón Pernas, que lles explicou con detalle o proceso construtivo das embarcacións: dende o proxecto nos planos ata a botadura á mar. Dende o PP destacan: «Na provincia de Lugo hai empresas punteiras a nivel mundial e, nesta ocasión, tivemos a oportunidade de coñecer Armón, unha gran empresa de recoñecido prestixio en todo o mundo dentro do sector náutico. É fundamental coñecer iniciativas empresariais coma esta, que levan o nome de Lugo por todo o planeta, e que son fundamentais para asentar poboación».
«Nós témolo claro e gústanos amosar aos nosos veciños exemplos coma este, para que todos teñamos claro que dende Lugo e os seus municipios tamén se poden poñer en marcha iniciativas empresarias de éxito a nivel mundial», apuntaron.
En Astilleros Armón Burela fabrícanse embarcacións de ata 70 metros nos seus 5.600 metros cadrados, nos que hai catro pavillóns cubertos. Nestas instalacións poden construírse buques pesqueiros de todo tipo, buques de apoio á industria offshore, remolcadores de porto, ferris de pasaxe, patrulleiras e buques de apoio aos mellores megaiates do mundo. Puxeron en valor a «innovación constante que teñen en Armon xa que están a aplicar as máis novidosas tecnoloxías, tanto nas embarcacións como no seu proceso construtivo». A empresa conta coa norma de seguridade de calidade ISO-9001.