A música de ULEX soará en Burela

M.C. BURELA / LA VOZ

BURELA

O centro social Xebra acollerá o sábado 8 o concerto deste grupo galego «de rock atolondrado»

04 mar 2025 . Actualizado a las 11:12 h.

O grupo compostelán ULEX actuará o sábado 8 de marzo ás 22.30 horas no centro social Xebra de Burela, ubicado na rúa Leandro Cucurni, 9. 

Segundo responsables de Xebra, o concerto é «a escusa perfecta para despedir o frío cun grupo galego de 'rock atolondrado' formado por catro mozos composteláns».

Presentarán o primeiro álbume de estudo titulado «Lonxe de ti». A entrada custa 6 euros para socios e 8 para non socios.