Desde a asociación O Vencello avisan: «Pode haber colapso do tráfico en Burela polos cambios na circulación e as distintas obras en marcha»

La Voz

A MARIÑA

Obras no Berbés, estrada do porto en Burela
Obras no Berbés, estrada do porto en Burela Pepa Losada

«Ás obras no porto sumaranse en breve as da planta de salmón, pode ser un cóctail explosivo», advirten

22 mar 2026 . Actualizado a las 11:13 h.

A Asociación cultural e de veciños O Vencello de Burela advirte dun posible colapso no tráfico urbano na localidade debido ás modificacións da circulación que se levaron a cabo en varias rúas e ás obras no porto que se sumarán en breve ás obras da planta de salmón. «Pode ser un cóctail explosivo, sobre todo cando se acheguen as festas», avisan.

Nun comunicado de prensa desde O Vencello mostran a súa «preocupación diante dos máis que posibles problemas que van xurdir no tráfico da nosa vila por mor das diversas obras de infraestruturas -con todo o tráfico pesado que conlevan- e aos cambios na circulación».

«Preguntámonos si o Concello ten previsto algún plan de Tráfico específico para atallar os problemas que se poidan derivar desta gran cantidade de obras coincidentes nesta zona e que se traduce nun maior tráfico de camións de gran tonelaxe polas rúas do núcleo urbano, debido a que unha das principais vías de entrada e saída do noso concello -a do porto- continúa pechada ao tráfico sin saber aínda cal é a previsión para poder volver a poder utilizala», sinalan.

Desde a asociación O Vencello piden saber as datas de finalización das obras en marcha (dique norte e tamén as de saneamento).