O grupo de Cámara do Conservatorio de Viveiro actuará este xoves na igrexa das Concepcionistas dentro do Adral
A MARIÑA
Integran a formación unha decena de alumnos do centro e cinco profesores
11 mar 2026 . Actualizado a las 12:17 h.O grupo de Cámara do Conservatorio de Música Profesional de Viveiro ofrecerá este xoves, 12 de marzo (20.30 horas, igrexa das Concepcionistas) un concerto dentro do programa de difusión cultural e relixiosa Adral, impulsado pola Xunta de Cofradías de Viveiro. Dirixida por Delio Represas Carrera, a formación está integrada por 15 músicos entre os que están «algúns dos mellores alumnos do centro», así como por cinco profesores. «É un grupo atípico, pois a súa formación instrumental non é para nada estándar, o que conleva facer arranxos para o grupo, que ademais pode variar cada curso», destaca Represas.
Esta noite interpretarán Sonata para clarinete e frauta, de Johann B. Wanhal, con Noa Suárez Ribeira (clarinete) e Camilo Leal Amor (frauta) como solistas; e o segundo movemento do Concerto para clarinete en La, de Wolfang A. Mozart, no que intervirá como solista Daira López Fernández (clarinete). A continuación sonarán Rapsody for Euphonium, de James Curnow, con Víctor López Pérez (bombardino) como solista, e Fantasía Eslava, de Carl Höhne, con Pablo García Martín (trompeta). A actuación concluirá con Tan Galego, de Ernesto Campos, con Gerardo Fernández Álvarez (saxofón) como solista; o primeiro movemento do Concerto para Saxofón de Ronald Binge, con Breogán Fernández Bouza (saxofón) como solista; e o Concerto para batería de Larry Neck, no que intervirá Leandro Méndez López-Leitón (batería) como solista.
Completan o grupo María Pernas Blanco e Antía Murias Sampedro (frautas), Paula Naval Parapar (saxo), Mateo Gómez Naval (trombón), Bruno Álvarez Gómez (guitarra) e Juan Carlos García Rega (baixo).