Manifestación polo 8M este domingo en Ribadeo ás 12 co lema, «Pola dignidade das mulleres que coidan»
A MARIÑA
«Centramos o 8M na denuncia da precariedade que acompaña ás coidadoras», afirman desde o Observatorio da Mariña pola Igualdade
07 mar 2026 . Actualizado a las 21:37 h.O Observatorio da Mariña pola Igualdade convoca unha manifestación para este domingo 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, en Ribadeo. Sairá ás 12 do mediodía desde o aparcadoiro da entrada da vila.
O lema escollido este ano é: «Pola dignidade das mulleres que coidan. Sen coidados non hai vida». «Centramos, polo tanto, o 8 de Marzo na denuncia da precariedade que acompaña ás coidadoras, tanto aquelas que coidan sen ter unha relación laboral, como aquelas outras que si a teñen, declarada ou non. E, entre as que a teñen, a súa situación segue a ser precaria: salarios moi baixos, infravaloración, e mesmo con agresións e acoso», sinalan desde o Observatorio.
«Acompañamos a campaña -din- cunha publicación diaria nas nosas redes sociais de poemas relacionados co feminismo ou a situación das mulleres».