Daniel Alonso preside as Novas Xeracións do PP de Xove

La Voz XOVE / LA VOZ

A MARIÑA

Imaxe do congreso local que celebrou a formación xuvenil do PP de Xove, e no que participaron veteranos membros do partido
Imaxe do congreso local que celebrou a formación xuvenil do PP de Xove, e no que participaron veteranos membros do partido PP

Ten 25 anos e é graduado en Administración e Dirección de Empresas

23 feb 2026 . Actualizado a las 13:42 h.

Daniel Alonso foi elixido presidente de Novas Xeracións de Xove no congreso local que celebrou a formación xuvenil do Partido Popular. Graduado en Administración e Dirección de Empresas, Alonso, de 25 anos, forma parte activa da actividade asociativa do municipio. Entre outros, preside a asociación de veciños de Xuances e é membro doutras directivas. Interviñeron no congreso: a presidenta do PP na provincia de Lugo, Elena Candia; o alcalde e presidente do PP de Xove, Demetrio Salgueiro; ou a presidenta de Novas Xeracións de Galicia, Nicole Grueira, entre outros. 

Alonso puxo en valor ós membros da executiva ó definilos como «un equipo comprometido e con ganas reais de traballar por Xove». «Pretendemos facer as cousas con sentido común e pensando nos veciños. E para iso escoitaremos á xente, propoñeremos ideas e colaboraremos para que o noso concello siga mellorando», dixo.