Lembro unha mensaxe do 29 de xuño de 2022 onde un amigo en común me comentou,« fala con David, dálle a benvida e cóntalle como é a vida por Burela». Non lle fixo falla moito tempo para integrarse na localidade coma un pataqueiro máis. A súa forma de ser fíxolle ser unha persoa moi querida para a xente da comarca, gustase ou non de ir ó Vista Alegre. A forma en como transmites sí que fixo gañar adeptos para este deporte a xente que non o seguía acotío. Teño unha persoa na casa que sempre me recorda: «David vai chegar moi lonxe, sabe como e cando dicir as cousas. É unha persoa que transmite».
Aquí gozamos de ti tres anos e medio, pero algúns tivemos a sorte de gozar ou sufrirte dende que comezache a destacar como adestrador no Futsal. Fose coa selección galega, na base do equipo da túa cidade natal, Santiago Futsal, e sobre todo esas 2 tempadas de 1º adestrador en 2ª división nesas tardes en Santa Isabel, nas que ti coma adestrador e eu coma árbitro asistente gozabamos de coquetear coa elite do deporte que amamos e que nos levou a ter unha boa e longa amizade.
Grazas por todo o que fixeches gozar á afección laranxa, grazas por ser valente e saber parar cando se esgota a enerxía. Agardemos que unha época de acougo cos teus te volte estimular, recargues pilas para gozar de novo dende os banquiños.
Lembra a túa promesa de que mentres cho permitan os teus compromisos laborais e Alfonso te requira, botarás unha man no Memorial Heroes do Orzán. Grazas David.
Pd.- Sorte Curmanciño
* Javi Mogo Torrado.