Nas San Lucas, en Mondoñedo, co avó

E.C.

A MARIÑA

Pepa Losada

18 oct 2025 . Actualizado a las 14:44 h.

Nunca a morriña é tan forte como en vísperas das San Lucas. Eses días do antano, que no meu maxín son soleados e de follas secas, acompáñote como cada ano, a ti, o meu protector, o meu todo da infancia.

Avanzamos nas rúas cheas de xente como quen avanza nun mundo ilusorio. Unha ponte a outra época, ás nosas raíces, ás nosas costumes, á nosa Terra. Cheira a coiro, a almendras tostadas, mércasme un cesto trenzado por alguén que tamén coñeces, intercambiades unha conversa que contén un mundo enteiro.

Non se pode imaxinar máis felicidade que un día de San Lucas contigo. Podemos compartir o noso amor polos animais, desafiar ó mundo cun pan de centeo, sentir o pelaxe dos cabalos baixo os dedos.

Outras San Lucas máis; esos recordos habítanme inundados da cor azul dos teus ollos.

A túa Veleta.