Este venres presentan en Viveiro o documental sobre O Vello Pancho e haberá un coloquio

La Voz

A MARIÑA

Será ás 20 horas no salón de usos múltiples do concello; organizan o acto o Seminario Terra de Viveiro e colaboran Cultura da Deputación Provincial e o Concello de Viveiro

16 oct 2025 . Actualizado a las 10:15 h.

Este venres, 17 de outubro, ás 20:00 horas o Salón de Usos Múltiples do Concello de Viveiro acollerá a presentación e posterior coloquio do documental «O Vello Pancho, de Ribadeo ao Plata», unha produción que mergulla na historia da emigración galega ao Río da Plata e nas contribucións culturais e sociais dos galegos en terras uruguaias. O acto contará coa participación de Xan Leira, director do documental; Pablo Rodríguez "Vivín", escritor, investigador e historiador local de Ribadeo, e Carlos Nuevo Cal, Cronista Oficial de Viveiro.

O documental explora a masiva emigración galega ao Río da Plata, especialmente dende a comarca da Mariña e Ribadeo, durante a segunda metade do século XIX. A través do arquivo familiar d e Alonso y Trelles, coñecido como "O Vello Pancho", descuberto polo propio Pablo Rodríguez, "Vivín", a película afonda na vida e obra deste destacado escritor e político, cuxa poesía se converteu nun símbolo da cultura rioplatense.