Foz comeza a proxectar este sábado o ciclo de cine Mestre Mateo, o mellor audiovisual galego, gratis
A MARIÑA
Este sábado pola tarde ás 18.30 na Casa de Cultura emitiranse varias curtas; nas vindeiras fins de semana serán longametraxes
04 oct 2025 . Actualizado a las 11:35 h.Esta fin de semana dá comezo o ciclo Mestre Mateo en Foz que achegará ata o día 16 de novembro os títulos finalistas deste certame que premia o mellor audiovisual galego. O Concello de Foz organiza -grazas a colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e da Academia Galega do Audiovisual- este ciclo no que nas vindeiras semanas se poderá gozar de curtas, películas e documentais de calidade excepcional. Este sábado comezará coa primeira selección de curtas, A nai, Véxote e Pura, desde as 18.30 horas na Casa da Cultura e mañá, domingo, a partir das 12.00 horas será a quenda de Avetimología, Noites de prata, Eu vou comigo e Platónico, platónica. A duración da primeira sesión é duns 60 minutos e a segunda duns 30 minutos, tal como informan desde o concello.
A continuación as longametraxes e os documentais irán programándose entre o 10 de outubro e o 16 de novembro, sempre no salón de actos da Casa da Cultura Manuel María e gratuítas. Os días e horas son: As Neves, venres 10 ás 20.30horas; Filmei paxaros voando, xoves 16 ás 18.30 horas; + Cuñados, venres 24 ás 20.30horas; e Aurora, xoves 30 ás 20.30 horas. Xa no mes de novembro proxectaranse Honeymoon, sábado 8 ás 20.30 horas; Prefiro condenarme, domingo 9 ás 18.30 horas; Xustiza artificial, sábado 15 ás 20.30horas; e pechase o ciclo con Salvaxe, salvaxe o domingo 16 ás 18.30 horas.