A comisión do San Roque de Viveiro pide fotos dos anos oitenta e noventa para elaborar o calendario do 2026
VIVEIRO / LA VOZ
A MARIÑA
Solicita colaboración para realizar o almanaque co que recadará fondos
01 oct 2025 . Actualizado a las 22:48 h.A comisión de festas do San Roque de Viveiro 2026 prepara xa o calendario co que recadará fondos e pide colaboración xa que busca fotografías dos anos oitenta e noventa que «amosen verbenas, desfiles, comparsas, concertos, actos populares e, en xeral, calquera momento festivo daqueles anos». Os interesados poden contactar coa comisión a través das redes sociais, no teléfono 614 191 962 ou a través do correo comisionviveiroenfestas@gmail.com. «Na medida do posible, indicade o ano aproximado da fotografía para establecer unha orde cronolóxica», indican.