Tráfico y Guardia Civil intensificarán la vigilancia en las carreteras de Xermade, afecta al vial de Viveiro a Cabreiros
A MARIÑA
Ante los accidentes con víctimas mortales en los últimos meses, cinco, también mariñanos; harán controles con vehículos uniformados y camuflados
10 sep 2025 . Actualizado a las 14:20 h.Tráfico y la Guardia Civil informan que intensificarán la vigilancia en las carreteras de Xermade, esto afecta al vial de Viveiro a Cabreiros, que registra un tráfico importante de vehículos desde A Mariña. Esta medida se adopta ante los accidenes con víctimas mortales en los últimos meses en ese término municipal, cinco, entre ellos un mariñano y conductores que iban desde Viveiro.
«A Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo e o Subsector de Tráfico da Garda Civil -anuncian- poñen en marcha un Plan de intensificación da vixilancia viaria no concello de Xermade, que suporá a ampliación da presenza policial en todas as estradas do termo municipal. O dispositivo inclúe patrullas activas a diario, controis de velocidade con vehículos uniformados e camuflados, probas de alcol e drogas e unha atención especial a condutas de risco como os adiantamentos antirregulamentarios ou o uso indebido do teléfono móbil».
Añaden que además, «os axentes poderán propoñer revisións psicofísicas extraordinarias para aqueles condutores que non presenten as condicións necesarias para exercer a condución, e reforzarase a protección de usuarios vulnerables como ciclistas e peóns. Esta decisión responde ao aumento da sinistralidade rexistrado en Xermade no que vai de ano. O municipio pasou de ser unha zona de baixa incidencia a concentrar case un terzo dos accidentes mortais ocorridos nas vías interurbanas da provincia de Lugo».
«En total, producíronse seis sinistros graves, con cinco persoas falecidas, sete feridas graves e unha leve. Entre as causas máis habituais atópanse as distraccións ao volante e a velocidade inadecuada, con accidentes como colisións frontais, saídas de vía e envorcos. Ante esta tendencia, a Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo, en colaboración co Subsector de Tráfico de Lugo, veu intensificando progresivamente a vixilancia en vías especialmente conflitivas como a LU-540 e a LU-861, onde se concentran os sinistros viarios de maior gravidade. Co novo “Plan de intensificación da vixilancia”, a presenza da Garda Civil nas devanditas vías ampliarase e estenderase a todas as estradas do termo municipal de Xermade, con patrullas activas todos os días da semana», concluyen.
A Xefatura Provincial de Tráfico e a Garda Civil fan un chamamento á responsabilidade de todos os condutores para axudar a frear esta tendencia e evitar novas perdas humanas, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria en Xermade e na provincia.