Un concerto de Xoán Curiel sobre as Letras Galegas abrirá este martes unha semana cargada de actividades no Vicedo

Lucía Rey
Lucía Rey VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

<span lang= gl >O músico Xoán Curiel actuará este martes no Vicedo</span>
O músico Xoán Curiel actuará este martes no Vicedo PACO RODRÍGUEZ

Terá lugar ás 21.00 horas na terraza da Casa da Cultura; o xoves será o Concurso de figuras de Area na praia de Abrela

11 ago 2025 . Actualizado a las 13:42 h.

Un concerto no que o fonsagradino Xoán Curiel repasará música de autores homenaxeados ó longo da historia das Letras Galegas abrirá este martes, 12 de agosto, unha semana repleta de actividades socioculturais e turísticas no Vicedo. Dará comezo ás 21.00 horas na terraza da Casa da Cultura. 

O mércores, ás 22.30 horas, terá lugar unha iniciativa xa clásica nos veráns vicedenses: a ruta de oito quilómetros entre a igrexa do Vicedo e San Román pasando polos miradores das Laxes e de Tixoso, entre outros. Ó rematar haberá a posibilidade de degustar un chocolate ou outra consumición por dous euros no restaurante Areagrande. 

O xoves 16 ás 16.15 celebrarase o Concurso de Figuras de Area na praia de Abrela. Coma sempre, haberá catro categorías, premios para os mellores e agasallos para todos. 

Finalmente, o sábado 16 ás 10.00 horas haberá unha ruta guiada a cargo de Rutas Galicia Norte, entre a igrexa parroquial do Vicedo, a praia de Xilloi e o mirador das Laxes, na que se repasará toda a historia e a xeoloxía da zona. Inscriben para a ruta nocturna no 982 590 195 ou en turismovicedo@gmail.com. Para a ruta guiada do sábado inscriben en rutasgalicianorte@gmail.com.