Los grandes filántropos de Ribadeo y de A Mariña, que construyeron parte de los cimientos de lo que hoy somos

La Voz

A MARIÑA

Martín Fernández Vizoso, en el centro y con chaqueta marrón, entre el conselleiro y el alcalde ribadense
Martín Fernández Vizoso, en el centro y con chaqueta marrón, entre el conselleiro y el alcalde ribadense Pepa Losada

Martín Fernández, periodista e historiador, abrió ayer el Ribadeo Indiano recordando las figuras de quienes hicieron fortuna en la emigración y se acordaron de sus orígenes; «marcharon a América con callos nas mans e soños na maleta»

11 jul 2025 . Actualizado a las 20:12 h.

«Os filántropos de Ribadeo foron esas mulleres e eses homes que marcharon a América con callos nas máns e soños na maleta. Que cruzaron mares, enfrentaron saudades e traballaron arreo. Os menos atoparon fortuna. Algúns foron xa para sempre derrotados. E a maioría empatou, quedou a medio camiño». Son palabras del periodista e historiador Martín Fernández, colaborador de La Voz, que ayer leyó el pregón del Ribadeo Indiano.

«Gracias a eles Ribadeo tivo 8 escolas (5 de filantropía particular e 3 de societaria), hospital-asilo, praza de abastos, entidades de ocio, cultura e lecer, cemiterios, etc.. Cando moitos pobos apenas tiñan o imprescidible, eles fixeron posible o impensable. Porque sabían que as raíces que deixaron aquí, algún dia darían froito», añadía.

«Por eso, hoxe, ao falar deles non falamos só do pasado. Falamos tamén do presente que nos legaron e do futuro que temos o deber de continuar. Poucas vilas hai en Galicia onde a súa pegada sexa tan palpable como en Ribadeo», apuntó.

«Pode decirse que, en Ribadeo, a filantropía non foi un acto de caridade senón un acto de amor hacia o seu pobo. Nesa relación destacan Ramón González e a sua dona Corona González Santos, os filántropos aos que se adica esta edición de Ribadeo Indiano e dos que mañá, ás 11 horas, neste mesmo Teatro, a profesora Celia Castro presentará un libro coa sua biografía. En Ribadeo, doaron a Praza de Abastos e a igrexa da Orde 3a, financiaron este Teatro e apoiaron sociedades como La Concordia, o Ateneo ou a Biblioteca», recordó.

Público que acudió a escuchar el pregón
Público que acudió a escuchar el pregón Pepa Losada

«Outros filántropos, de non menor importancia, foron os irmáns Moreno Ulloa que fundaron un centro de 2a enseñanza e doaron o cemiterio da vila. O grande Pedro Murias que en 1922 legou 14 hectáreas de terreo en Vilaframil e levantou un centro pioneiro e modélico en Galicia, antes e agora: a Granxa Escola Pedro Murias».

«Jesús Rodríguez Murias que construíu en Rinlo unha escola, un lavadoiro e varias fontes, e doou os rendimentos da casa onde vivía, na rúa San Roque, e miles de pesetas, para soster o Hospital e construir a traida de auga potable. Antonio Otero Martínez que entregou para o Hospital Asilo 19.000 pesos, 1.580 accións e 1.400 certificados do Banco Español do Río da Plata e unha casa en Guaminí (BsAs). Clemente Martínez Pasarón e Domingo García Villamil que recadaron, en 1898, en Bos Aires, 5.500 pesetas para o Hospital. Manuel Reinante Cancio, que cedeu ao Concello 8 has. de monte para que o importe da súa venta se destinase a obras de ben público. Ou, entre outros, Xusto Barreiro, donante do solar e do primeiro edificio do Pósito de Pescadores por él promovido».

«Saben vostedes que a proba máis antiga que se conserva en Galicia da existencia da emigración a América e das viaxes e fluxos comerciais e humanos entre Ribadeo, Galicia e Ultramar, son os frescos da capela de Nosa Señora das Virtudes de Arante. En 1594, antes de partir para América, o capitán Domingo Carranza Aguiar visitou a capela para pedir amparo e protección á Virxe. E un ano despois, a nave que pilotaba sufriu un naufraxio frente ao Cabo San Antonio (Cuba). O capitán encomendouse á Virxe das Virtudes e o barco, despois de percorrer 260 legoas arribou a Trujillo (México) coa tripulación sana e salva. O feito foi considerado milagroso e o capitán Carranza, cando volveu a Ribadeo, entregou no santuario de Arante a bandeira da nave, un traxe para a Virxe e aceite para iluminar o templo. Tamén se pintaron os frescos», recordó Martínez Fernández.

Y nombró a más filántropos. «Carmen Barcia Trelles, que deu o solar e o diñeiro para o Colexio Sagrado Corazón; Sor Pilar de León, profesora deste centro; Ernestina Mansilla, que fundou un colexio para orfos; Amadora Suárez Couto, e compositora; dona Corona, filántropa, fotógrafa e filla adoptiva de Ribadeo. Leopoldo Calvo Sotelo, decisivo no actual brilo e fulgor de Ribadeo ou o doutor Francisco Moreda Pérez, que donou un millón de euros ou Víctor Moro, que financia a actuación dos Van Van». Martín Fernández también compuso una habanera para el Ribadeo Indiano que presentó ayer en el pregón.