«Non sabíamos da multa de 2.700 euros pola carpa da festa de Carnaval nos xardíns para recaudar fondos»
A MARIÑA
La exalcaldesa de Viveiro, María Loureiro, recuerda que era una cena-baile para ayudar a recaudar fondos para las patronales; no está de acuerdo con la sanción y dice que siempre buscaron diálogo
18 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.La agrupación socialista de Viveiro respondía a las declaraciones realizadas el viernes por la alcaldesa popular, Mariña Gueimunde, sobre la multa de 2.700 euros impuesta por Costas al concello por la instalación de una carpa en los jardines Noriega Varela durante el Carnaval. Se organizó una cena-baile para recaudar fondos para las fiestas patronales.
«Esta sanción é unha escusa para xustificar a súa falta de xestión -afirma María Loureiro, exalcaldesa socialista-. Desde a oposición todo é moi fácil, pero agora que están no goberno son conscientes de que as cousas non o son tanto».
María Loureiro recuerda que «o que se está executando en Viveiro nestes momentos son obras e proxectos que deixou o noso goberno socialista. Todo o que se está facendo ou está previsto facer foi xestionado polo PSdeG. É evidente que quedaron cousas sen tramitar, porque nos botaron en só dez días cunha moción de censura, sen tempo para pechar os trámites en curso», dice.
Con relación a la sanción de Costas, Loureiro no oculta su sorpresa por esta multa y aclara que «nos estamos a enterar polos medios de comunicación. Non estamos de acordo con esa multa, xa que sempre se tramitou con diálogo coa administración. O Concello de Viveiro tivo problemas todos os anos á hora de instalar a carpa, porque os espazos están afectados por Costas ou por Portos de Galicia. Neste caso, mesmo se valorou a posibilidade de instalala no pavillón Antonio Tarrío, pero a Consellería de Educación da Xunta de Galicia non o permitiu».
«Non estamos orgullosos da sanción de 2.700 euros -reconoce Loureiro-, pero resulta insultante que veñan agora a dar leccións de xestión cando fomos nós quen tivemos que pagar as consecuencias do seu nefasto mandato. Esa é a verdadeira herdanza do Partido Popular en Viveiro».
En este sentido desde el PSOE de Viveiro denuncian a «hipocrisía do Partido Popular ao falar de suposta mala xestión cando foron eles, en 2003, os que deixaron ao Concello unha débeda de máis de 11 millóns de euros coa súa saída do goberno. O mentor da actual alcaldesa foi o responsable daquela etapa desastrosa, e durante o noso mandato tivemos que pagar máis de 1 millón de euros en sancións por licenzas mal concedidas polo PP», explica Loureiro.
La portavoz socialista señala en su escrito «que un dos casos máis escandalosos foi o do Pazo de Grallal, no que o anterior goberno do PP concedeu unha licenza sen a autorización de Patrimonio tan só dous días despois de perder as eleccións. Por esa irresponsabilidade, o Concello tivo que pagar preto de 800.000 euros ao promotor. E non foi un caso illado: tamén en Nicolás Cora tivemos que regular e sacar unha altura ao edificio e pagar 450.000 euros. E en Lodeiro, onde afrontamos outra multa de 100.000 euros. Todo isto derivado de erros cometidos polo PP cando gobernaba».
«Con relación á suposta negociación sobre os orzamentos municipais, o PSdeG de Viveiro aclara que, contra o que deu a entender o actual goberno local, a día de hoxe non existe ningún proceso aberto neste sentido».
El PSOE reitera «a súa disposición ao diálogo e á colaboración, sempre desde a responsabilidade e co obxectivo de garantir a estabilidade institucional e o interese xeral da veciñanza. Ao mesmo tempo, lembramos que o PP foi quen se opuxo sistematicamente á aprobación dos orzamentos cando exercía na oposición».