Patacas de Israel a esgalla no súper

A.S.

A MARIÑA

ANA GARXÍA

02 may 2025 . Actualizado a las 14:27 h.

Houbo moito lío no Goberno estes días atrás por un contrato de subministro de armamento en pequena cantidade para a Garda Civil cunha empresa de Israel, puidemos velo nos medios e nos telexornais e repetíronse os debates sobre se era acertado ou non. Vexo, porén, patacas de Israel a esgalla no súper e ninguén di nada, claro que cada quen ten a liberdade de mercalas ou non. Aquí neste momento non abondan, aínda non saíron as novas. 

As patacas son un cultivo importante en Israel, especialmente na rexión do deserto do Néguev. Tratase dun alimento moi importante, clave, nese país e poden atoparse en diferentes variedades, que tamén chegan a nós. Aquí veñen igualmente de Exipto e non están mal, compre recoñecelo, aínda que nada que ver coas nosas patacas da Limia ou as de Coristanco. Chamoume a atención velas en cantidade nalgún súper próximo, aínda que quen as cultiva na área de deserto israelí tampouco ten culpa.