Serán os días 10, 14, 17, 21, 24, 28 e 31; o día 10 está prevista unha concentración en Chavín-Viveiro
28 feb 2025 . Actualizado a las 10:48 h.A central sindical CIG vén de convocar sete xornadas de folga en marzo en Vestas Eólica «en demanda de condicións laborais e salariais dignas e en resposta á falta de avances na negociación do convenio colectivo». A folga afecta a todos os traballadores e traballadoras dos centros que Vestas ten en Galcia (Viveiro, A Coruña e A Estrada) e desenvolverase os días 10, 14, 17, 21, 24, 28 e 31 de marzo en xornada completa.
Coincidindo co primeiro día de paro, tamén está convocada unha concentración nas instalacións de Vestas en Chavín, Viveiro. «Despois de diversas reunións coa empresa, que manobrou para esgotar os prazos e tentar que o convenio decaia, as conversas están estancadas porque a dirección teima en non negociar. A actitude da empresa é de imposición, presentándonos unha proposta de peche sen ter negociado nada, polo menos cos sindicatos que non temos a maioría», entienden.
«O convenio que empeora o anterior e que, ao igual que no pasado, volvería provocar a perda do poder adquisitivo dos nosos salarios», expresan. «Fronte a isto, para este III Convenio de Vestas Eólica (que regula o conxunto do persoal empresa no Estado español) a CIG reclama melloras salariais, manter beneficios sociais como a flexibilidade para o persoal de oficina, que haxa unha revalorización salarial para o persoal de campo, a contención e redución das xornadas anuais, e melloras nas gardas, os reténs e as horas TOD - Tempo Ordinario Dispoñíbel-».
«Estas propostas, apunta a representación da CIG, son perfectamente asumíbeis pola empresa, tendo en conta que nos anos 2023 e 2024 obtivo beneficios».