O Conservatorio de Música de Viveiro celebrará este xoves o seu concerto de fin de curso

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

En imaxe de arquivo, un dos grupos formados no Conservatorio de Viveiro
En imaxe de arquivo, un dos grupos formados no Conservatorio de Viveiro PEPA LOSADA

As actuacións darán comezo ás 19.00 horas no Teatro Pastor Díaz

22 may 2024 . Actualizado a las 20:14 h.

O Conservatorio Profesional de Música de Viveiro celebrará este xoves, 23 de maio, ás 19.00 horas no Teatro Pastor Díaz o tradicional concerto de fin de curso. Haberá actuacións infantís, ademais da actuación do grupo de cámara e dos grupos eléctricos. Este ano farase unha viaxe ao pasado, a unha das décadas máis icónicas: os oitenta. Os temas máis destacados do pop rock, de grupos como Mecano, Parchís, Siniestro Total ou Europe soarán interpretados polo alumnado.