Suscríbete 1 año y te regalamos 140 días gratis
Quiero la oferta

Burela: herdanzas e plusvalías

Mario Pillado Mon VOCEIRO DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG NO CONCELLO DE BURELA

A MARIÑA

PEPA LOSADA

13 ene 2022 . Actualizado a las 15:57 h.

Moito se leva falado e escrito nos últimos tempo de herdanzas e plusvalías, sobre todo no ámbito fiscal. Dende o contexto do estado ata o máis local dos concellos. Seguramente con discursos moi interesados e dirixidos, pero ese non é o motivo que me leva a escribir o que agora continúa.

O caso é que as palabras herdanza e plusvalía lémbrame á situación actual do noso concello, o concello de Burela.

Herdanza porque ó longo deste mandato (e nos anteriores) arrastramos a modo de lastre irregularidades en moitos ámbitos da política local que en parte impídennos avanzar. Porque, en xeral, facer as cousas mal é rápido e sinxelo, pero solucionalas soe levar moito mais tempo. O “ti vai facendo” de toda a vida, que se remonta á época da segregación (ou anterior coma o caso do cemiterio) e que sempre resulta ser un atranco. Dende Torrentes ás condicións laborais de parte do plantel do Concello, pasando pola realidade urbanística da vila, case ningún ámbito escapa desta outra “pandemia” (enténdase a metáfora).