O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, apela á «responsabilidade» da veciñanza galega e asturiana

La Voz RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

O Concello Ribadeo prepara «accións importantes» para seguir sendo «parada obrigada»

11 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, fixo este luns unha chamada «á responsabilidade» da veciñanza galega e asturiana despois da reapertura da fronteira entre as dúas comunidades. «Reanudamos así unha relación de sempre, que só o covid puido cortar un tempo, pero que se cadra, agora e nos próximos tempos imos ir reforzando», subliñou o rexedor, que fixo referencia á «ilusión do reencontro». «Podemos falar con certa ilusión do reencontro que vivimos cos nosos amigos e amigas da Veiga, de Castropol, de Navia, de Taramundi, de Tapia, dos Oscos e en xeral de toda a comarca do Occidente. Cónstame tamén que unha chea de xente de Ribadeo e da Mariña aproveitamos para cruzar a ponte e achegarnos a onde había tempo que non iamos», dixo. O Concello prepara «accións importantes para seguir facendo» da vila «un lugar de parada obrigada». «Mentres -subliñou-, que non se nos vaia a cabeza, debemos manter e facer todo canto nos digan as autoridades sanitarias. A cousa non pinta mal se o facemos ben», pero se non actuamos correctamente, quizás en poucas semanas teñamos que volver todo para atrás».