José Carlos Paleo, presidente da Acia/CCA Foz: «Debemos recibir todos un plus de ánimo e de realidade»

Lucía Rey
l. rey FOZ / LA VOZ

A MARIÑA

José Carlos Paleo preside a Federación de Comercio de A Mariña, ademais da Acia/CCA de Foz
José Carlos Paleo preside a Federación de Comercio de A Mariña, ademais da Acia/CCA de Foz PEPA LOSADA

10 may 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A pouca incidencia que está tendo polo de agora o covid-19 na Mariña invita ao optimismo ao presidente da Federación da Comercio da Mariña e da Acia/CCA de Foz, José Carlos Paleo. Considera que no momento actual hai «un dramatismo que non é real» nesta zona. «Se levamos dous meses en plena pandemia, co 50% da xente traballando con normalidade e a área sanitaria normalizada, sería bo que recibíramos todos un plus de ánimo e de realidade porque, se non se compra nada, aceleramos o peche de todo», reflexiona.