«Mans salgadas», do IES de Foz leva un galardón no festival de cine de Ourense

La Voz FOZ / LA VOZ

A MARIÑA

MIGUEL VILLAR

02 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Mellor guión en niveis de ensino non universitario: “Mans Salgadas”, do IES de Foz. É o premio que vén de gañar o instituto focense no Festival de Cine de Ourense.

A décima edición do certame de Cine OUFF Escola levou ó cinema a máis de 2.000 alumnos de centros de Primaria e Secundaria de toda Galicia que presentaron os seus traballos. A nova convocatoria encádrase dentro da 24ª edición do Festival de Cinema Internacional de Ourense (OUFF 2019) e tiña como obxectivo impulsar o uso do galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espírito crítico. Aí encádrase «Mans salgadas», o traballo presentado desde o IES de Foz.