Hoxe arrinca a sexta tempada do programa «Aquí?... como de 20!» en Ribadeo

La Voz RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

Hoxe, luns 19, arrincará en Ribadeo unha nova tempada do programa «Aquí?... como de 20!», que o Concello leva ás parroquias. A área de Servizos Sociosanitarios pon en marcha unha nova edición destas tardes de lecer nas parroquias ribadenses. «As actividades están destinadas ás persoas que queiran compartir uns intres de lecer cos seus veciños e veciñas. Potenciaremos as relacións sociais e axudaremos a fortalecer as nosas memorias, motricidade, a participación activa na comunidade...», explica Susana Álvarez, dinamizadora sociocultural do Concello.

Lugares e horarios

Haberá tardes de lecer os luns en Vilela, os martes en Cinxe, en Rinlo os mércores, en Cedofeita os xoves e en Santalla os venres. Será en horario de 15.30 a 17.00 horas. As tardes tamén se desenvolverán en Remourelle os luns, en Vilaselán os martes, en Ribadeo os mércores, en As Anzas os xoves, e en Couxela os venres. Nestes casos serán de 17.30 a 19.00 horas. As persoas poderán inscribirse o mesmo día cando acudan á actividade lúdica.