Mañá comezan as festas e feiras máis antigas de Galicia, As San Lucas

S. CORRAL MONDOÑEDO / LA VOZ

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

O reitor da Universidade de Santiago lerá o pregón, e tamén mañá se celebrará a Festa dos Maiores na cidade episcopal

16 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Todo listo para que mañá comecen as festas e feiras das San Lucas en Mondoñedo, as máis antigas de Galicia como todo o mundo sabe. Un programa amplo, moi completo.

A festas e feiras abriranse co pregón do reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, ás 20.45 no auditorio. Previamente realizarase unha homenaxe ao mariscal Pardo de Cela na catedral. Como sempre, o cartel das festas é obra de Xosé Vizoso.

Hai que dicir que tamén mañá ha celebrarse a Festa dos Maiores. Ás 14 horas dará comenzo a comida baile no pavillón municipal de deportes. Non vai faltar o bo xantar, o baile, a festa nin os agasallos, todo amenizado pola orquestra mindoniense Principal. Elena Candia convida a participar.

Hai que sinalar tamén que nesta edición das San Lucas haberá un Mercado de Agricultura Ecolóxica certificada, e o día 19 na praza do concello haberá un showcooking da man do recoñecido chef Martín Mantilla.

Nas San Lucas non faltará a música todos os días, con actuacións estelares como a do sábado co grupo Extra e a do domingo con Carlos Núñez. O venres actuará a recanteira Karmen Veiga, mariñana que concursa no Luar.

O 18 celebrarase a feira e festa tradicional de gando. Outra das novidades será a doma nocturna, por primeira vez. O programa é amplísimo, inclúe maxia, teatro, monólogos, folclore. Do 17 ao 21 son as festas grandes de Mondoñedo e de Galicia.

Pero aínda hoxe a alcaldesa Elena Candia e Miguel Souto, presidente da comisión de festas, presentan o programa en Santiago de Compostela, canda o alcalde, Martiño Noriega, nesta xira de presentacións que están a facer nas cidades que foron capitais do Antigo Reino de Galicia.

As San Lucas tomarán, así pois, en Mondoñedo o testigo doutras festas tan tradicionais como as do San Froilán. Ademáis, na Voz con sorpresas: desde mañá publicaremos coa información das San Lucas relatos escritos por autores mindonienses.

Hoxe Elena Candia aínda presenta o programa das festas en Compostela, canda o alcalde Martiño Noriega e Miguel Souto, presidente da comisión

Este ano a programación inclúe tamén un Mercado de Agricultura Ecolóxica certificada e chefs